Hoxe recibimos esta información que publicamos no blog para información de todas/os aquelas/es que que esteades interesadas/os en aprender a escribir narrativa.
Un taller non é outra cousa que un lugar onde se traballa unha obra coas mans. En galego, "obradoiro", pon a énfase na obra que se traballa naquel recinto. As imaxes remiten aos vellos talleres onde a man fraguábanse ferramentas, o pan ou o calzado e, á maneira de facelo, ás súas regras, chamábaselle “oficio”.
E para os que queiran aprender este "oficio", o luns 11 comeza un Curso de Narrativa dez semanas. Será no café Mimosa de Vigo (Travesía de Vigo, 72) das 19 ás 21 horas os luns ou mércores. Dúas horas nas que o escritor Pedro Crenes ensinará as principais técnicas narrativas.
Párrafos. Talleres de escritura, ten como obxectivo dotar aos participantes das técnicas narrativas necesarias para abordar o oficio de escribir. Non ofrecemos camiños, ensinamos a trazar mapas, a usar o compás. Non ofrecemos camiños literarios, dotamos de ferramentas narrativas para construílos.
Unha das nosas metas é a construción dun criterio técnico-narrativo ligado á reflexión crítico-lectora. Non é só escribir, é escribir ben lendo, aprendendo a avaliar non só o noso propio traballo, senón tamén o traballo dos demais. Queremos que quen participa dos nosos talleres terminen convencidos de que a reflexión e o criterio literarios son parte fundamental do oficio de escribir.
Inscríbete en parrafostalleres@gmail.com.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.