E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 19 de decembro de 2018

PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE


O Concello de Pazos de Borbén ven de iniciar a redacción do seu Plan de Mobilidade Sustentable para o que contará coa cofinanciación da Deputación de Pontevedra.

O desenvolvemento do PMS servirá como ferramenta de planificación estratéxica do seu territorio a través do fomento dunha mobilidade sustentable, que procure unha accesibilidade universal e implique transformar múltiples hábitos da mobilidade urbana. A implantación de formas de desprazamentos máis sustentables (camiñar, bicicleta, transporte público) está estreitamente ligada á redución da contaminación, mellora do entorno urbano e ao impulso da inclusión social. 

Co fin de coñecer as demandas e propostas dos residentes neste término municipal, púxose en marcha a través da web do Concello de Pazos de Borbén unha consulta dixital online, cun cuestionario que terá caracter anónimo e que poderá cubrirse ata o 11 de Xaneiro a través da seguinte ligazón: 


Dita consulta virá a sumarse ás mesas de participación cidadá, na que os diferentes colectivos e a veciñanza interesada poderán participar ao longo do día 27 de Decembro en horarios de mañá e tarde en dependencias municipais. De xeito adicional poderán enviarse suxestións ao correo electrónico:


Grazas a todos por colaborar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger