Autor: Hector Cajaraville
Santillana Infantil y Juvenil S.L. e Edicións Obradoiro S.L
Colección Oqueleo Narrativa Xuvenil

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa
David acaba de facer dezaoito anos e é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns.
A súa intención inicial é regresar de inmediato, pero axiña van aparecendo razóns polas que prolongar a visita: unha Galicia que pouco ten que ver coa idea que el traía na cabeza, unha familia coa que nunca ata entón tivera contacto, un misterio arredor da "casa de Formoso" que enterra as súas raíces na guerra civil... E o amor, que xorde de súpeto polo lado máis imprevisible...

Nº de páxinas: 221
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21,5 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.