venres, 1 de decembro de 2017

BICOS



BICOS
Autor: Xosé Vázquez Pintor
Ilustradores: Agustín Bastón, Alba de Alba, Beatriz Mosquera, Camilo Caamaño Xestido, Damián Paío, Héitor Picallo, Isabel Alonso, José Antonio Fondevila, Lito Portela, Lois Gil Magariños, Manolo Fragoso, Manuel Núñez E., María Núñez Jalda, María Sánchez Lires, Pilar Taboada, Ramiro Cimadevila, Xan Paz Márquez, Xandre Otero Paz, Xavier Ríos, Xulio García Rivas e Yanira León. 
Edicións Fervenza 
 
Xénero: Literatura Infantil Galega -Poesía

Idade Recomendada: A partir de 6 anos 

Eu quero ser...

A Casiña da Memoria, que vai neste libro para a infancia e para todos os públicos que aínda soñan cos bocadiños das palabras e das imaxes.

Este ceo aberto que axiña labraron, consigo felices, as ilustradoras e os ilustradores de Galicia. Son así as Amigas e os Amigos de noso; coma un refacho do candil e dos menceres. Aquí medran os días e aínda alcanzan as maus e os ollos na lembranza e nos pasares da ledicia. En Bicos, a escrita e as imaxes son de horas, paseniño.

Agardamos nelas polo fulgor da nosa infancia e xuventude: Sermos felices. De axiña e para sempre. Nós.

Xosé Vázquez Pintor

Poesía infantil na que cada poema se acompaña de ilustracións de pintores galegos. 

ISBN: 978-84-945375-8-5
Nº de páxinas: 73
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 16 x 23 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger