O CAN DOS BASKERVILLE
Autor: Arthur Conan Doyle
Traducción: Marisa Méndez
Edicións Xerais de Galicia, S.A. 2007
Colección: Xabaril
Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa
O can dos Baskerville é unha nova aventura de Sherlock Holmes na que o enigma, o elemento central da historia, presenta características realmente interesantes, porque ó feito criminal vén a sumárselle unha maldición, unha lenda familiar, que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico.
O gradual desenvolvemento da acción vai levando cara a unha explicación sobrenatural dos feitos, ata que finalmente o labor do detective conclúe coa explicación natural e lóxica do crime e de toda a cadea de pequenas incógnitas que se nos foron presentando.
Nº de páxinas: 266
Encadernación: Tapa blanda
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.