domingo, 23 de abril de 2017

DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA


DÚAS BAGOAS POR MÁQUINA
Autor: Fina Casalderrey
Ilustracións: Lino Fernández

Edicións Xerais de Galicia, 1992
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos 

Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola -un colexio nunha vila ó que van en autobús- e non conseguen dar con Máquina, aínda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea.

O caso é que o can, que llo regalara seu pai nun aniversario, non era moi apreciado polo resto da familia e o propio pai, que quedara no paro, acabou por abandonalo nunha estrada.

Ignorante durante moito tempo desta situación, Xusta segue devecendo polo seu can, sen saber que fora del. Dende que llo regalaran, unicamente o seu avó e mais ela apreciaban o can. A avoa, pola contra, tíñalle unha especial animadversión.

Unha vez que descobre o abandono do can polo seu pai. Este, arrepentido, trata de recuperalo e van ó sitio onde o deixara...

O libro pretende ser unha defensa do mundo animal, a través das diferentes situacións polas que pasa o can, malia as cales el segue fiel ata o incrible.

ISBN: 84-7507-640-8
Nº de páxinas: 109
Encadernación: Tapa blanda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger