martes, 14 de marzo de 2017

PROGRAMACIÓN 2017 DE ANIMACIÓN Á LECTURA EN BIBLIOPAZOS

Outro ano máis BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén, volve con novas e interesantes actividades culturais e educativas de Animación á Lectura.

No mes de xaneiro iniciamos as actividades coa coa Exposición Bibliográfica adicada ao autor e ilustrador "Richard Scarry" que rematará o próximo venres día 17 de marzo e que se realiza grazas á colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso.


Continuamos coa programación e, nos próximos días comezaremos coa realización de varias actividades que terán lugar ao longo de todo o ano 2017. Pero, de momento, soamente queremos informar das que estás xa concertadas e confirmadas para os meses de Marzo a Xuño a través dos programas LER CONTA MOITO da Rede de Bibliotecas de Galicia e que patrocina a Xunta de Galicia; e do programa PONTEGAL da Deputación Provincial de Pontevedra.


 
 

Con esta programación, como en anos anteriores, dende BIBLIOPAZOS pretendemos contribuír á promoción da lectura como vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo un espazo de encontro para descubrir e compartir, mediante a realización dun conxunto de actividades para achegar á cidadanía á lectura e á información dun xeito lúdico e atraente.

O desenvolvemento destas actividades de dinamización no ámbito da biblioteca reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que es bibliotecas proporcionan.

BIBLIOPAZOS comparte coas entidades públicas e privadas que colaboran nestas actividades, entre moito outros, os seguintes obxectivos:

  • Fomentar o hábito da lectura  no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interese polo que esta pode ofrecer.
  • Transmitir a tradición oral galega incentivando o uso do galego como ferramenta ideal para contar historias.
  • Fortalecer o papel da biblioteca como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
  • Activar o uso da nosa lingua para progresar na promoción, socialización e sensibilización do galego no contorno da poboación infantil e a mocidade
  • Consolidar a programación compartida con outras institucións públicas e privadas, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.
  • Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.
  • Combinar a Literatura e a Natureza mediante a organización de actividades de contido educativo e cultural para que os cidadáns coñezan o patrimonio natural, arqueolóxico, ecolóxico, histórico, artístico e inmaterial do concello.
  • Promover o desenvolvemento cultural e educativo como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.

As actividades previstas para os próximos meses son as seguintes:


https://www.dropbox.com/s/lnrrbx3p8dkcyog/2017-03-20%20MANOELE%20DE%20FELISA%20-%20POESIA%20MUSICALIZADA.jpg?dl=0
O Luns día 20 de marzo, a partir das 13:00 horas queremos conmemorar o DÍA DA POESÍA e, para iso, teremos con nos no Auditorio do Concello a MANOELE DE FELISA coa actividade de dinamización con música, teatro e danza "Achegar á infancia o mundo da poesía musicalizada". Unha actividade para achegar aos cativos e cativas o mundo da poesía a través das súas interpretacións musicais e dalgunha sorpresa lúdica para manter a atención do público infantil e facerlla máis atractiva. Temos invitado aos nenos e nenas de de 1º e 2º de Primaria e de Educación Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos da EEI "A Galeriña" de Nespereira. Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO.

https://www.dropbox.com/s/0ly7c00hpg8qwtd/2017-03-27%20JUSTE%20KAMISHIBAI.jpg?dl=0
O Luns día 27 de marzo, e para celebrar o DÍA MUNDIAL DO TEATRO teremos na Sala de Lectura da Biblioteca ás 13:00 horas a JUSTE KAMISHIBAI, papel e teatro coa actividade de narración oral, teatro e danza "As historias do Kamishibai".  Estas historias están apoiadas por revisións persoais sobre o Kamishibai, a técnica de pergamiño ilustrado (emaki) o teatrod e obxectos, o teatro francés de papel e as técnicas de despregabres pop-up, configurando un mundo máxico no ollo do espectador. Para esta actividade invitamos aos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos. Esta actividade está incluída no programa LER CONTA MOITO.

https://www.dropbox.com/s/gkbwkqr5u126kuv/2017-03-31%20David%20Fernandez%20Rivera%20-%20Poesia%20Visual%20-%20CARTEL.jpg?dl=0O Venres día 31 de marzo, e para celebrar o DÍA DA POESÍA e o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL na Sala de Lectura da Biblioteca ás 12:30 horas ao poeta DAVID FERNÁNDEZ RIVERA co seu Obradoiro de POESÍA VISUAL "Proxecto Caligrama" que estará dirixido aos alumnos de 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos. Hai poucas cousas tan especiais coma a de levar o interior da creación poética aos máis pequenos. Os nenos viaxarán neste obradoiro a través da súa propia imaxinación para interpretar e crear poesía dende o universo infinito da poesía visual. Ao remate desta aventura, e cunha nova visión crítica e persoal da realidade, os nenos realizarán de modo grupal un poema visual de creación propia. Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa PONTEGAL.

https://www.dropbox.com/s/fwk8w182bhz4pfp/2017-04-05%20MERGULLAMONOS%20de%20novo%20-%20Andrea%20Vazquez%20-%20CARTEL.jpg?dl=0
O Mércores 5 de abril, celebrarremos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL na Sala de Lectura da Biblioteca a partir das 13:00 horas con ANDREA VAZQUEZ de "Os Piñeiriños" coa actividade de narración oral "Mergullámonos?... outra vez".  Un conxunto de historias que nos convidan a explorar o mundo das emocións a través da música e da poesía, transmitindo valores como o uso da nosa lingua nai, a igualdade entre razas e sexos, a valorización do medio ambiente... Contaremos coa presencia dos alumnos de Educación Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira. Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO.

https://www.dropbox.com/s/5fqsfscb9joshq0/2017-03-31%20David%20Fernandez%20Rivera%20-%20Poesia%20Visual%20-%20CARTEL%202.jpg?dl=0
O Venres día 7 de abril, e para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL na Sala de Lectura da Biblioteca ás 12:30 horas ao poeta DAVID FERNÁNDEZ RIVERA co seu Obradoiro de POESÍA VISUAL "Proxecto Caligrama". Un obradoiro para levar o interior da creación poética aos máis pequenos e no que os nenos viaxarán a través da súa propia imaxinación para interpretar e crear poesía dende o universo infinito da poesía visual. Ao remate do obradoiro os nenos acabarán realizando de modo grupal un poema visual de creación propia. Esta actividade contará coa presencia dos alumnos de 5º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa PONTEGAL.


https://www.dropbox.com/s/842c3lox1jz6b8l/2017-04-25%20JAVIER%20MURO%20-%20O%20NENO%20QUE%20QUERIA%20SER%20MAGO.jpg?dl=0
O Martes día 25 de abril, e para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO teremos con nos na Sala de Lectura da Biblioteca ás 13:00 horas a JAVIER MURO - Mago e Ilusionista que co seu espectáculo de narración oral e maxia "O neno que quería ser mago" contaranos unha historia dun neno que quere converterse en mago despois de ver un espectáculo de circo, e todas as aventuras que lle suceden ata chegar a ser un gran mago. Un espectáculo con formato de contacontos pero co valor engadido de estar ilustrado con maxia, xa que ao longo do conto vanse sucedendo efectos máxicos relacionados coa historia que se está a contar e coa utilización de diferentes libros aos que lles sucede algo... Teremos de invitados nesta actividade aos aos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos. Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa PONTEGAL.

https://www.dropbox.com/s/lmfdw87qf5ku8yl/2017-05-12%20CRIS%20DE%20CALDAS.jpg?dl=0
O Venres 12 de maio, celebrarremos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS na Sala de Lectura da Biblioteca a partir das 11:00 horas con CRIS DE CALDAS co seu espectáculo de narración oral "A galiña azul e compañía" no que se fará unha explicación amena do autor Carlos Casares e do que significan as Letras Galegas. A galiña azul virá moi ben acompañada, de xeito que coñeceremos outras obras de Casares e algúns contos tradicionais. Despois da sesión de contos, desenvolverase un obradoiro cos asistentes á actividades. Temos invitado a esta actividade aos alumnos de 1º e 2º de Primaria de CPI "Curros Enríquez" de Pazos. Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO.

https://www.dropbox.com/s/vz5bszr80fo5jig/2017-06-14%20AS%20PARABOLAS%20DE%20PAKOLAS%20-%20Fecha%20rectificada.jpg?dl=0O Mércores 14 de xuño celebraremos ás 13:00 horas a chegada do solsticio de verán e o fin do curso escolar no Auditorio do Concello con FRANCISCO CERDEIRA "PAKOLAS" coa actividade de dinamización con música, teatro e danza "As parábolas de Pakolas". Un espectáculo no que Paco Cerdeira interpreta en directo unha escolla dos seus temas para público infantil, con música xirando en torno ao rock e mais estilos que entusiasman aos nenos e nenas. Combínanse as cancións coas historias que nelas se recollen, cunha mensaxe final, formando así unha fermosa parábola da que aprender e na que pensar. Para este día invitaremos aos alumnos de Primaria e Educación Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e tamén aos da EEI "A Galeriña" de Nespereira. Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO.

Próximamente informaremos puntualmente de cada unha das actividades e dalgunhas novas que estamos preparando.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger