xoves, 30 de marzo de 2017

MERGULLÁMONOS?... OUTRA VEZ - Animación á Lectura

Contos, contos e mais contos.


Continuamos coas actividades de Animación á Lectura para os nosos escolares e de paso celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que se conmemora o día 2 de abril (Data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen) dende que no ano 1967 o IBBY (Organización Internacional para el Libro Juvenil) acordara celebrar este evento co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

En Galicia promove esta celebración a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX). 

Así, o Mércores 5 de abril, recibiremos na Sala de Lectura da Biblioteca ás 13:00 horas a ANDREA VAZQUEZ de "Os Piñeiriños" que nos traerá o seu espectáculo de narración oral "MERGULLÁMONOS?... OUTRA VEZ". 

Un conxunto de historias que nos convidan a explorar o mundo das emocións a través da música e da poesía, transmitindo valores como o uso da nosa lingua nai, a igualdade entre razas e sexos, a valorización do medio ambiente... 

Contaremos como invitados coa presencia dos alumnos de Educación Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira. 

Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger