martes, 28 de marzo de 2017

ESCAQUIS E ROMEU



ESCAQUIS E ROMEU
Edita: Pazo da Cultura de Pontevedra
1ª edición, febreiro 2017
 
Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa
 
Idade recomendada: + 9 anos
 
Unha obra homenaxe ao escritor
Agustín Fernández Paz 
 
"É como un neno", dicían de Romeu os seus coñecidos, pos se algo caracterizaba ao vello barbeiro era a súa inocencia.

A vida de Romeu transcorría tranquila, entre cortes de pelo, barbeados e lecturas ás plantas da súa galería. Mais unha noite de treboada Escaquis apareceu misteriosamente para pór patas arriba a súa existencia.

Esta estraña nena contaba cun poder moi especial: era quen de abrir portas a outras realidades! Romeu e mais os seus amigos tentarán descubrir a súa orixe para axudarlle a retornar ao seu mundo.

O libro está inspirado no lema do XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra: "O mundo que queremos" co obxectivo de provocar no lector unha reflexión de cómo "a nosa forma de actuar inflúe na nosa contorna", pero por encima de todo pretende crear "unha historia divertida para nenos e adultos".

Depósito Legal: PO 606-2017
Nº de páxinas: 158
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger