Casa-Museo Manuel María, 2016
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía
Idade recomenda: +9 anos
Poemas formalmente sinxelos e de moi doada comprensión canto ao seu contido. Dirixidos de modo especial ás crianzas da cidade, son de grande utilidade para as persoas adultas introduciren as máis pequenas no coñecemento de Galiza, dos seus principais símbolos e dalgúns dos feitos históricos máis singulares. Obra moi útil tamén para achegar as nenas e nenos á lingua galega dun modo natural e emotivo.
As rúas do vento ceibe é outra das grandes obras de referencia da poesía "infantil" de Manuel María, ao lado de Os soños na Gaiola. Ten unha orientación máis "urbana" e introduce os nenos e as nenas no coñecemento de Galiza e da súa historia. Como di o autor, a poesía que non ensina algo non é poesía. E esta é poesía didáctica, propositadamente composta de poemas "sinxelos e simples" que ensinan a amar a patria galega.
Nº de páxinas: 77
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.