Autor: Xurzo Borrazás
Sotelo blanco Edicións S.L., 1994
Colección: Narrativa - Medusa
Xénero: Literatura Galega - Narrativa
Un asasinato múltiple, cometido no medio rural galego é o punto de partida argumental que aproveita Xurxo Borrazás na súa segunda novela. O cadáver dun home xace á entrada dunha eira e, así e todo, ese mesmo home morto é o que comeza a narración.
O inicio da historia só é o engado que vai apreixa-lo lector no labirinto da ficción. A visión de Borrazás non achega cherencias senón distorsións intencionadas, e así a trama vaise liberar da súa dependencia temporal, vaise disolver en fragmentos narrativos que se xustapoñen uns a outros producindo un efecto de espacialidade, de narración sincrónica na que os saltos temporais quedan reducidos a un presente narrativo.
Nº de páxinas: 184
Encadernación: Tapa branda
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.