martes, 27 de setembro de 2016

2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN"


2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
"Concello de Pazos de Borbén"

BASES

Participantes: 

Poderá participar no concurso calquera persoa, cun máximo de tres obras por participante.

Os participantes deberán informar dos seguintes datos: Nome e apelidos, dirección de correo electrónico de contacto e título da imaxe.
Tema: 

A temática é “Pazos, esencia e condición", a obra deberá estar localizada en calquera punto deste termo municipal.

Requisitos:

As fotografías deben ter formato electrónico, independentemente da forma en que foran capturadas. Os traballos terán que presentarse en formato JPG ou TIF e cun tamaño non superior a 10Mb.

No caso de enviar máis dunha imaxe, hai que envialas en diferentes correos, cos datos do participante en cada unha delas. Terán que ser imaxes orixinais, inéditas e non premiadas en concursos anteriores.
Presentación das obras:
As fotografías deberán enviarse preferentemente ao seguinte enderezo electrónico:


A organización presupón que o fotógrafo ten autorización e/ou permiso das persoas que aparecen nas imaxes presentadas. Sobre o autor recae toda responsabilidade relacionada co dereito á intimidade.
Prazo de presentación: 
Ata o 14 de outubro do 2016.

Non se admitirán as entregadas fóra de prazo.

A imaxe gañadora do primeiro premio aparecerá no calendario do Concello de Pazos de Borbén 2017, que será distribuído entre os habitantes do concello.

As demais fotografías premiadas serán portada da páxina oficial de Facebook do concello de Pazos de Borbén.
Premios:  
Haberá unha soa categoría e tres premios:
·      1º premio 200 €uros
·      2º premio 100 €uros
·      3º premio   50 €uros

Xurado:
Os membros do xurado, en número impar, serán designados pola Alcaldía de Pazos de Borbén.

Os premios outorgaranse por maioría de puntos despois da suma das puntuacións de cada membro do xurado de 0 a 10.

O xurado poderá eliminar por defecto as imaxes que non se axusten ao disposto nas bases.

A decisión será inapelable.

Decisión do xurado:
O comunicado do resultado do certame será comunicado persoalmente e feito público nos puntos habituais habilitados no concello.

Dereitos do Concello de Pazos de Borbén:
O concello de Pazos de Borbén terá a capacidade de decidir sobre calquera dúbida relacionada coa interpretación das presentes bases.

O concello de Pazos de Borbén resérvase o dereito de publicación e exposición pública das imaxes presentadas en calquera soporte.

A participación no Concurso supón a aceptación destas bases.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger