E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 26 de xullo de 2016

DÍA DOS AVÓS E DAS AVOAS



No noso calendario hai días suficientes para celebrar unha gran cantidade de eventos e homenaxear a moitos grupos de persoas.

Algúns destes días son dabondo coñecidos por todos, como sucede co Día do Pai ou o da Nai. Tanto a publicidade como os propios comercios encárganse de lembrarnos estas datas con bastante antelación, para que podamos demostrar aos nosos proxenitores canto lles queremos e o importante que foron para nós.

Con todo, outras festividades non son tan populares e caen nun esquecemento inmerecido. Este é o caso do Día dos Avós e das Avoas, unha data que habería que resaltar para que podamos sorprender aos máis maiores da familia dándolles as grazas por toda unha vida ao noso lado.



A data do Día dos Avós e das Avoas ten lugar, cada ano, o 26 de xullo. É a tempada estival a que enmarca unha celebración na que se rende homenaxe a estes membros da familia, tan importantes e esenciais en moitos casos. 

É especialmente agora, nestes tempos de crises e recesión económica, cando os nosos maiores fan o imposible por axudarnos, desde compartir a súa pensión co resto de membros da familia ata coidar dos pequenos, preparar a comida ou manter a nosa casa ordenada.



Por iso, hoxe 26 de xullo, Día dos Avós e das Avoas 2016, prepara algo especial con eles: unha reunión con todos os fillos, netos e sobriños; unha saída a un furancho, bar, restaurante…; unha escapada ao campo ou unha visita a un spa ou centro de masaxe... e tamén, porqué non, lendo un libro de contos ou aventuras dos moitos que temos para todos vos en BiblioPazos. 

As boas temperaturas deste verán e as vacacións escolares fan que esta data sexa a máis indicada para organizar algo así.

A fin de contas, trátase de agradecerlles todo o seu esforzo e de demostrarlles que, sen eles, a familia non sería a mesma.


Dende BiblioPazos queremos desexarvos un Feliz día para todos os avós e avoas do mundo e para as súas familias. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger