E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 13 de xuño de 2016

A ESMORGA

A ESMORGA
Autor: Eduardo Blanco Amor
Editorial Galaxia
3ª Edición Biblioteca Básica, Decembro 1986
Colección: Biblioteca Básica da Cultura Galega

Xénero: Literatura Galega - Narrativa 

A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a narrativa galega.

A esmorga é a novela máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor.
 
Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal.

A esmorga é unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor. A súa sorprendente potencia lingüística ponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor. 
 
ISBN: 978-84-7154-426-1
Nº de páxinas: 150
Encadernación: Tapa branda


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger