E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 26 de marzo de 2016

CROCODILO


CROCODILO
Autor: Antonio Rubio
Ilustracións: Óscar Villán
Kalandraka Editora, 2014
Colección: Do berce á lúa
 
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos - Poesía
 
Idade recomendada: 0-3 anos e máis
 
Poema visual recitable a base de debuxos rimados e ritmados.
 
Poema acumulativo para ser lido e recitado, de cor en cor. Iníciase cun extravagante crocodilo verde verde verde, que sobe nun baúl, que sobe nun castelo, que sobe...
 
A colección "Do berce á lúa" está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade, para os que se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas; un termo acuñado para designar unha nova modalidade de poesía pictográfica baseada na procura dun ritmo de lectura que axude a "educar o ollo e adozar o oído" do pequeno lector, como explica Antonio Rubio.
 
ISBN 978-84-8464-545-0
Nº de páginas: 14
Encuadernación: Tapa dura


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger