xoves, 28 de xaneiro de 2016

VOLVERÁS, GOLFIÑO

Volverás, golfiño 
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección "Merlín"

Xénero: Narrativa infantil

Idade recomendada: A partir de 11 anos 

A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisíbeis perigos.

Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicabelmente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negrura que algunhas veces o cobre; con lendas afundidas polo tempo e polas augas; cos segredos dunha costa que é de morte pero tamén de vida onde, en ocasións, nadan os golfiños. 

ISBN: 978-84-9914-579-2
Formato: 14 x 19 cm 
Encadernación: Rústica cosido a fío 
Nº de páxinas: 144



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger