martes, 26 de xaneiro de 2016

O FÍO VERMELLO

O fío vermello 
An Alfaya (Autor/a) 
Francisco Bueno Capeans (Ilustrador/a) 
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección "Merlín" 

Xénero: Narrativa infantil

Idade recomendada: A partir de 11 anos 

A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrelas da noite das Perseidas.

Nicola, o maior, fíxose soldado, alistouse no exército profesional con tan mala fortuna que o deron por desaparecido nunha misión humanitaria na que participaba nun país en guerra. Dende entón, Melchor e Margarita, os seus pais, non perderon nunca a esperanza de que algún día regresase. Agardaban celebralo cunha torta de améndoas, a favorita de Nicola, das que a avoa Natividade preparaba todos os días ao ritmo dunha rancheira.

Pola súa banda, Carlo tomou unha decisión: pecharíase na terraza ata que volvese o seu irmán.

ISBN: 978-84-9914-632-4
Formato: 13,5 x 19 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 128


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger