O APALPADOR
Autor: Xoán G.
Editorial: Biblos Clube de Lectores - 2009
Xénero: Poesía Infantil
Álbum que conta a historia de “O Apalpador”, unha personaxe dá cultura tradicional esquecida e agora recuperada con grande interese.
Vive nas devesas de O Courel dende fai tanto tempo que ninguén sabe os seus anos. Pasa o día recollendo madeira, como cando era carboeiro, e no outono aproveita a viaxe e tamén vai ás castañas.
En casa, talla moitísimo agarimo a madeira máis seca e de mellor calidade e fai xoguetes un día e outro.
En Nadal baixa barbado, coa cachimba apagada, boina e zocos, ás casas da Galicia, espera a que os nenos e nenas queden durmidos e con agarimo, sen espertalos, acaríñalles as barriguiñas por ver si están alimentados, desexando que así o estean todo o ano.
E despois déixalles un puñado de castañas na mesa de noite e agasallos escondidos por toda a casa, para que ao levantarse xoguen a atopalos.
Nº de páxinas: 24
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.