domingo, 6 de setembro de 2015

SESIÓN "COÑECE QUE PODE FACER O SOFTWARE LIBRE POLA TÚA ASOCIACIÓN"

O Centro Demostrador TIC de Galicia está a levar a cabo unha serie de actividades que consideramos moi interesantes para a aprendizase das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

Este Centro constitúe o ESCAPARATE TECNOLÓXICO DE GALICIA e polo tanto unha referencia no impulso e a difusión do uso das TICs nos sectores produtivos galegos, a través principalmente da asesoría, capacitación e formación tecnolóxica.

Dende BIBLIOPAZOS coidamos que estas actividades poden ser de interese das asociacións do noso concello e da cidadanía en xeral e por iso as traemos ao noso blog para difundilas entre os nosos lectores e usuarios.

Hoxe presentámosvos esta actividade dirixida a Responsables, persoal e voluntarios de asociacións ou entidades do terceiro sector interesados na implantación de ferramentas para a mellora tecnolóxica.


"Coñece que pode facer o software libre pola túa asociación"


que terá lugar o próximo día 10 de setembro de 2015 de 17:00 a 20:30 horas na Sala de Formación do Centro Demostrador TIC. CNTG, Rúa Airas Nunes, s/n Conxo. Santiago de Compostela.

Tamén se poderá seguir por Videoconferencia a través das aulas da Rede CeMIT situadas en:

Podedes obter máis información e ver outras moitas actividades na páxina web do Centro Demostrador TIC de Galicia.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger