Amosando publicacións coa etiqueta Asociacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asociacións. Amosar todas as publicacións

domingo, 6 de setembro de 2015

SESIÓN "COÑECE QUE PODE FACER O SOFTWARE LIBRE POLA TÚA ASOCIACIÓN"

O Centro Demostrador TIC de Galicia está a levar a cabo unha serie de actividades que consideramos moi interesantes para a aprendizase das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

Este Centro constitúe o ESCAPARATE TECNOLÓXICO DE GALICIA e polo tanto unha referencia no impulso e a difusión do uso das TICs nos sectores produtivos galegos, a través principalmente da asesoría, capacitación e formación tecnolóxica.

Dende BIBLIOPAZOS coidamos que estas actividades poden ser de interese das asociacións do noso concello e da cidadanía en xeral e por iso as traemos ao noso blog para difundilas entre os nosos lectores e usuarios.

Hoxe presentámosvos esta actividade dirixida a Responsables, persoal e voluntarios de asociacións ou entidades do terceiro sector interesados na implantación de ferramentas para a mellora tecnolóxica.


"Coñece que pode facer o software libre pola túa asociación"


que terá lugar o próximo día 10 de setembro de 2015 de 17:00 a 20:30 horas na Sala de Formación do Centro Demostrador TIC. CNTG, Rúa Airas Nunes, s/n Conxo. Santiago de Compostela.

Tamén se poderá seguir por Videoconferencia a través das aulas da Rede CeMIT situadas en:

Podedes obter máis información e ver outras moitas actividades na páxina web do Centro Demostrador TIC de Galicia.



xoves, 8 de xaneiro de 2015

PLAN CULTURAL 2015 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA


No BOP do día 2 de xaneiro de 2015 publícanse as


da Deputación Provincial de Pontevedra no que poderán solicitar a inclusión as seguintes agrupacións provinciais:

  • Bandas de Música
  • Masas Corais
  • Grupos Folclóricos
  • Grupos de Gaitas
  • Bandas de Gaitas
  • Agrupacións de Música Tradicional
  • Agrupacións de Música Clásica
  • Agrupación e grupos Teatrais
  • Cantautores
  • Magos
  • Humoristas
  • Grupos de Animación Infantil
  • e moitos máis.

Se estades interesados e queredes máis información para inscribirvos no Plan podedes facelo premendo no seguinte enlace:

DEPUTACIÓN PONTEVEDRA


Esperamos que sexa do voso interese.



mércores, 1 de maio de 2013

Pola "Senda da Auga"

A Asociación Cultural de Nespereira envíanos a seguinte información das súas próximas actividades: 


Como é a ruta? 

De dificultade moi baixa
 

 Para quen se recomenda? 
Para todas as idades
 

Cando é?
O domingo 5 de maio
 

E, A que hora?
 Ás 5 da tarde.

De onde se sae?
 

 Desde a Casa da Cultura de Nespereira

Leva moito tempo facer esta ruta?

 Aproximadamente dúas horas.




Para máis información podedes dirixirvos a:

Ao lado do campo de fútbol.
Teléfono: 986 498 144
Páxina de Facebook: Casa Cultural Nespereira

 Animádevos!
Este domingo todos á Senda da Auga

Aquí podedes botarlle unha ollada a algús videos da Senda da Auga:

Os Valos a Pazos de Borbén
De Pazos de Borbén á presa de Eiras

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger