REO
Autor: Xesús Fraga
Editorial: Galaxia, S.A
Ano de edición: 2014
Xénero: Narrativa
Idade recomendada: + 15 anos.
Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera. Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa
súa sinatura, o máis comprometido coa súa arte; o mellor.
O graffiti é o
que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen na
cabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade.
Unha confrontación da que emerxerá transformado, aínda que non como Reo
espera. Velaquí un dos argumentos da novela gañadora do Premio Raíña
Lupa de Literatura Xuvenil 2013 e na que, ademáis de envolvernos nunha
trama trepidante arredor de Reo, o hip hop, as bandas dos barrios e ás
veces a tristeira vida cotiá de quen ten horizontes máis grandes, deita
unha interesante reflexión sobre a vida dos mozos e mozas dos nosos
días, sobre as súas angueiras e esperanzas.
Reo está escrita nunha
linguaxe directa que nos atrapa dende o primeiro instante, como un
graffiti colorido e ben feito. Directo. Engaiolante. Definitivo.
Premio Fervenzas Literarias 2014 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil.
ISBN: 978-84-9865-542-1
Encadernación: Tapa branda.
Formato: 21 x 14 cm
Nº de páxinas: 140
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.