domingo, 7 de xuño de 2015

CHÍMPATE, PEPA!

CHÍMPATE, PEPA!
Autora: Paula Carballeira
Ilustracións e Deseño: Xoana Almar e Miguel Peralta
Editorial: Triqueta Verde
Ano de edición: 2013

Xénero: Contos Infantís
Idade recomendada: + 3 anos

Nas illas Cíes vive Pepa, a máis nova dunha familia de corvos mariños cristados. Un día, Pepa botouse a voar cara arriba e non cara ao oceáno Atlántico, e todos os seus irmáns, todas as gaivotas choronas, as gaivotas patiamarelas, as píllaras papudas e o resto de animais berraban: "Chímpate, Pepa!".

Unha divertida historia para coñecer un pouco máis a fauna e a flora das Illas Atlánticas a través da historia de Pepa, unha valente representante dos corvos mariños cristados que demostra o alto que se pode chegar cando segues os teus soños.

ISBN: 978-84-938252-9-4
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 22 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger