mércores, 25 de marzo de 2015

CAMPAÑA VERÁN 2015 - CAMPAMENTOS VERÁN XUNTA DE GALICIA

CAMPAÑA VERÁN 2015-CAMPAMENTOS VERÁN
XUNTA DE GALICIA

OBXECTO: ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EN CAMPAMENTOS E ALBERGES DE GALICIA.

  • Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo formativo e convivencial.
  • Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
  • Manutención en réxime de pensión completa. 
  • Material necesario para a actividade.
  • Equipo técnico de persoal especializado.
  • Atención sanitaria e de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
  • Nas actividades desenvolvidas noutas comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale de punto de saída, ata o lugar de destino.

BENEFICIARIOS:

  • Nacidos entre o ano 1997 (non ter cumplidos os 18 anos á finalización do campamento) e o 2006 (ter cumplidos 9 anos ao inicio do campamento).
  • Persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% e inferior ao 65% sempre que teñan capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan manexarse nas instalación do campamento que elixan.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN: ATA O 8 DE ABRIL 2015 

MAIS INFORMACIÓN:

OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN
De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
Teléfono: 986 498 934

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger