luns, 23 de marzo de 2015

"A ORIXE" - Espectáculo de contacontos de Raquel Queizás en BIBLIOPAZOS

https://www.dropbox.com/s/jjpa2flqrcgxnxz/2015-03-27%20raquel%20queiz%C3%A1s%20-%20a%20orixe.jpg?dl=0
 
Este venres día 27 de Marzo celébrase en todo o mundo o Día Mundial do Teatro.

Este ano o narrador, ensaísta e tradutor, Xurxo Borrazás foi o encargado de redactar o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, ao que dará lectura o próximo xoves día 26 de abril na celebración da gala dos XIX PREMIOS MARIA CASARES que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, organizada pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

Para conmemorar este importante evento en BIBLIOPAZOS contaremos coa presenza da actriz e contacontos Raquel Queizás, co espectáculo de narración oral, manipulación de obxectos e monicreques "A Orixe" para nenos e nenas a partir de 5 anos.

Esta sesión de contacontos terá lugar na Sala de Lectura de Bibliopazos a partir das 13:00 horas e nela participarán os alumnos de 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos. 

Contade o que sabían os antigos para que non desapareza...”
Unha exploradora chega a biblioteca co afán de compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións o longo do mundo. Ante os ollos dun público participativo, a exploradora dramatizará as diferentes lendas, contos e mitos coa axuda de pequenos tesouros recollidos nas súas viaxes.

A ORIXE é unha recolleita de lendas, mitos e contos de tradición oral de diferentes culturas do mundo.

Estas historias teñen un dobre propósito: por unha banda son unha forma de educar aos máis novos, (os contos están protagonizados por animais personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia para a resolución de conflitos). Por outra banda, moitas destas lendas buscan describir e explicar a orixe do mundo e o lugar que o home ocupa nel, fomentando o respecto pola Natureza.
No comenzo non existía nin o día nin a noite...” 

Esta actividade a organiza a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) e está patrocinada polo Plan Cultural 2015 da Deputación Provincial de Pontevedra.
 

VEN A BIBLIOPAZOS
E 
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger