sábado, 13 de decembro de 2014

NOVAMENTE GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS

Estes últimos días conseguimos

Levamos dous anos e pouco navegando por internet con máis de 1.500 noticias publicadas e cunha media de 2.000 visitas mensuais.

Todo iso grazas a vós usuarios e seguidores de BIBLIOPAZOS.

Estes resultados anímannos a seguir publicando novas e a seguir traballando duro para achegar á poboación do concello e continuar difundindo -dentro das nosas posibilidades-:

  • A lectura.
  • A educación.
  • A cultura.
  • Información sobre novas tecnoloxías.
  • Talleres formativos diversos.

Animámosvos a que visitedes as instalacións de BIBLIOPAZOS para comprobar persoalmente todo o que temos para vós gratuitamente e, de paso, podedes aproveitar a ocasión para facervos SOCIOS/AS e así ter acceso sen limitacións ao 100% dos nosos servizos.

No nome de todos os que axudaron e axudan a facer de BIBLIOPAZOS un espazo de información e acceso gratuíto á cultura e á educación...

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger