martes, 25 de novembro de 2014

25 de Novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Ola amigas e amigos de BIBLIOPAZOS.

Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Pazos de Borbén envíannos esta información sobre diversas actividades que terán lugar o próximo día 25 de novembro con motivo da conmemoración do


As actividades terán lugar no Multiusos de Arcade, están organizadas polo Centro de Información á Muller do Concello de Soutomaior e son as seguintes:
  • 12:00 Charla sobre sinais de detección do maltrato psicolóxico.
  • 12:30 Concentración e lectura dun manifesto.



Achegamos unha guía de recursos do Centro de Información á Muller para a abordaxe integral da violencia de xénero que podedes descargar facendo clic AQUÍ.

Os Concellos de Pazos de Borbén e Soutomaior teñen asinado un convenio de colaboración para que as mulleres de Pazos de Borbén poidan ser atendidas no Centro de Información á Muller de Soutomaior e recibir gratuitamente todos os seus servizos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger