Edificio do Centro Antena Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS" |
O martes 15 de xullo tivo lugar a entrega de Diplomas aos 13 alumnos da Asociación ASPAVI (Asociación de paies de persoas con discapacidade intelectural de Vigo) que, dende febreiro a xuño, participaron no CURSO DE MECANOGRAFÍA e INFORMÁTICA BÁSICA para iniciarse no coñecemento das novas tecnoloxías, impartido na Aula de Informática do Centro Antena - Biblioteca Pública Municipal de Pazos (BIBLIOPAZOS).
As clases impartíronse os martes e venres cunha duración de dúas horas semanais , e con elas os alumnos aprenderon:
- As habilidades e os procedementos necesarios para manexa-lo teclado, o rato e o ordenador en xeral.
- O manexo básico do programa Mecanografía10 para aprender a teclear correctamente, a escribir cos todos os dedos das mans e a gran velocidade, mediante leccións guiadas e interactivas a través das que os alumnos foron progresando paso a paso e ao seu ritmo individualmente.
- O manexo básico do programa de tratamento de textos Word, da navegación por Internet e do programa de presentacións PowerPoint.
Esta actividade, que principiou este ano, é froito da colaboración da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén coa Asociación ASPAVI co obxectivo de favorecer e facilitar a integración na sociedade das persoas con discapacidade intelectual para unha mellora na súa calidade de vida.
No acto de entrega contamos coa presenza da Concelleira Montserrat Fragueiro -á que aproveitamos para agradecerlle o permanente apoio e colaboración ás actividades de BIBLIOPAZOS- e da Directora de ASPAVI Isabel Lorenzo.
Montse, Silvia, Jose Manuel, Paulino, Isabel, Sandra, Antonio, Nico, Eva, Rita, Mª Begoña y Susi |
Visualizando o traballo dos alumnos |
Montse entregando o diploma a Nico |
Saúdos a todas/os e ata o próximo curso
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.