venres, 23 de maio de 2014

A TORRE DAS LAVERCAS - Literatura Infantil

 

A Torre das Lavercas
Colección Merlín marelo 
 
Idade recomendada: De 11 anos en diante
 
A Torre das Lavercas era unha casa cunha cheminea moi grande e papá puxéralle ese nome porque había moitos niños de lavercas nos arredores.
 
Eu tiña seis anos cando marcharamos dela, e dende aquela xa cambiaramos de casa outra vez máis.
 
Agora estábamos a recoller as cousas para outro novo cambio, iamos a outro barrio da cidade. Xa na nova casa, o meu pensamento aquela primeira noite ía unha e outra vez á Torre das Lavercas; necesitaba volver, era coma se nela houbese algo importante para min. Ao final meu pai levoume ata a Torre.
 
O meu cuarto seguía igual, pero algo xurdiu en min, supoño que había dores que levaba moi dentro e que necesitaba botar fóra, e comecei a chorar. Foi entón cando escoitei aquela voz: —Por favor, non chores. Un calafrío percorreu o meu corpo.
 
13,5 x 19 cm
Rústica cosido a fío
208 Páxinas 
ISBN: 978-84-9914-343-9
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger