NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

xoves, 27 de febreiro de 2014

Materiais Didácticos para o Entroido

Achégamosvos aquí Materiais Didácticos para traballar sobre o Entroido publicados na páxina web da Secretaría Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia.

http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2014
Autor da imaxe: Alfredo Miguel Romero

O Entroido en Galicia: o EDLG do CEIP Ponte dos Brozos comparte con nós este traballo centrado na celebración do Entroido. Explícase a etimoloxía da palabra, a orixe da festa e repásanse os costumes e os pratos tradicionais propios destas datas. Tamén aparecen actividades e ligazóns a outros recursos que servirán para reforzar os coñecementos adquiridos.

O Entroido en Galiza: dende o CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás, chéganos unha exhaustiva mostra de distintos xeitos de celebrar o Entroido. Céntrase sobre todo na provincia de Ourense, aínda que inclúe a tradición pontevedresa dos Xenerais do Ulla. 


Coplas de Entroido de 3º de EP: os alumnos de 3º do CEIP A Ponte  de Lugo son quen de personificar o verdadeiro sentido crítico e humorístico do Entroido a través das súas coplas. Deixádevos posuír polo espírito de don Carnal e imitádeos. Ollo á rima!


Entroido de Cobres: con intención de dar a coñecer e revitalizar o Entroido en Galicia, o EDLG do IES Frei Martín Sarmiento ofrécenos un interesante documento sobre o Entroido de Cobres, propio de Vilaboa. Achegádevos a coñecer o mordomo, as madamas ou os galáns!


Entroido (caderno con actividades e información): dende o CEP Plurilingüe Igrexa Valadares de Vigo, chéganos un interesante caderno sobre o Entroido. Aquí poderedes atopar información e actividades sobre as orixes, diferentes manifestacións ou gastronomía desta festividade.


Vocabulario básico de Entroido do CEIP de Tarrío: nestes vocabularios atoparemos unha ampla descrición dos personaxes máis representativos do Entroido galego, desde as pantallas e os peliqueiros ás madamas e os xenerais.Tamén se detallan, por orde cronolóxica, cales son os días máis sinalados, os pratos máis típicos e as denominacións que reciben en distintas zonas de Galicia.


  


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger