E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 6 de febreiro de 2014

Cita na Habana - COMIC


Cita na Habana 
Edicións Xerais de Galicia S.A. 

En 1895 estoupa en Cuba a terceira e definitiva das guerras da independencia. Un mozo compostelán sen un céntimo, Maxi Torres –estudiante golfo, poeta impublicado e ilustre idiota segundo a súa propia definición–, alístase voluntario no corpo expedicionario español e cruza o océano co único propósito de atopar na illa a súa amada, a actriz Lola Molina “La Argentinita”.

Mentres rastrexa a pista de Lola, Maxi vese inmerso cada vez máis naquela guerra que, desde o outro lado do mar, se sentía como algo lonxano, véndose na obriga, en moitas ocasións, de tomar partido ante os acontecementos que o envolven. Tralos pasos de Lola percorrerá boa parte da illa e, como o heroe grego Ulises, ata o remate da súa odisea no se vai decatar de que o máis importante da viaxe estaba no camiño.

Cita na Habana tamén é unha modesta homenaxe á memoria das víctimas da guerra do 98, cíviles e militares, dun bando e doutro e á daqueles que quedaron aquí a agardalos para sempre. 

Rango idade: Todo os públicos 
Tamaño: 21 x 30,5 cm
Encadernación: Cartonado
Nº de páxinas: 56
ISBN: 84-8302-415-2

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger