xoves, 18 de xullo de 2013

Iago - LITERATURA INFANTIL

IAGO
Autora: Liesbet Slegers 
Ilustradora: Liesbet Slegers
Tradutor: Ignacio Chao 

Idade recomendada: + 3 anos 

Neste libro grande sobre Iago, o protagonista da serie de álbums, encontramos un resumo dos feitos máis importantes que lle foron acontecendo na súa curta vida. Narrado en primeira persoa, este conto preséntanos a cotianidade dun neno dende o seu nacemento ata os primeiros días de escola. Como pouco a pouco aprende a facer cada vez máis cousas só, sen deixar de necesitar o cariño e os coidados da súa familia e amigos. Unha práctica proposta para traballar vocabulario cos máis pequenos, mostrándolles a súa realidade máis próxima. 

Así empeza 

A barriguiña de mamá.

Mira, esta é a miña mamá,
E o bebé que está na barriguiña son eu!
Aínda non me ves pero estou aí.
Hei nacer decontado.
O berce xa está preparado.

Mira a barriga da túa mamá.
Tamén ti estiveches aí?

Cando era un bebé

Aquí estou!
Mamá e papá están moi contentos comigo.
Son un neno e chamáronme Iago.
Durmo moito no meu berce.
Mamá e papá regaláronme un osiño de peluche.
Velaquí está; é o meu mellor amigo.

Ti tamén tes un peluche preferido?

N.º páx.: 44
ISBN: 978-84-92404-60-5
Xénero: Contos
Tema: Vida real
Personaxes: Nenos protagonistas - Familiares - Nenos - Iago - Compañeiros
Este libro trata de: Vida cotiá - Aprendizaxe - Crecemento - Xogos - Infancia - Familia - Afeccións

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger