Alicia no País das Marabillas
Autor/es: María Lado, Lewis Carrol
Ilustrador/es: Ana Santiso
Edicións do Cumio, abril 2010
Infantil + 6 anos
Edicións do Cumio recupera este clásico de Lewis Carrol achegándonos, nesta ocasión, unha adaptación da novela orixinal pensada especialmente para os nenos. O libro, editado en gran formato e atoda cor, no que se dá unha importancia esencial ás ilustracións da artista Ana Santiso.
“—Que amoladura! Gustábacheme ben saír a xogar a ese xardín! –dixo Alicia mentres deixaba a chave enriba da mesa. E tivo sorte, porque alí mesmo, sobre a mesa, descubriu unha botelliña cunha etiqueta que dicía «Bébeme». Alicia cavilou un anaco se debía bebela ou non. E como dicía «Bébeme» e non dicía «Veleno» nin nada así, finalmente decidiu botarlle un bo grolo. Mmmm… estaba ben bo, que sabía a filloas con azucre, e a orellas de Entroido e a lacón con grelos… e ademais fíxoa encoller e encoller ata que xa cabía pola portiña!!!”
235 x 310 mm.
36 Páxinas.
Encadernación: Tapa dura
Idioma: Galego
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.