venres, 7 de xuño de 2013

ACTIVIDADES DE VERÁN 2013

A Oficina de Información Xuvenil do Concello (OMIX) envíanos información sobre as próximas actividades previstas para este próximo Verán.


Comenzarán este mes de XUÑO, e o día 20 haberá unha proxeción da película "El desorden de los sentidos" ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa do Concello, apta para todos os públicos.


Os días 22 e 30 de xuño está previstas varias actividades de Sendeirismo pola Senda do Río Barragán e pola Senda da Lavada de Casqueiro en Borbén. Poden participar os maiores de 8 anos. Os menores de 16 anos deberán asistir acompañados dun adulto.


O 26 de xuño terá lugar na Panadería "O Cruceiro" de Nespereira o Obradoiro "Hoxe vou ser panadeiro" que está dirixido a nenos de 3 a 14 anos.


No mes de XULLO hai previstas as seguintes actividades:

O día 11 de xullo o Obradoiro "Axendas Escolares" que terá lugar na Casa do Concello e vai dirixido a mozos e mozas maiores de 8 anos. Será impartido por ASPAVI.


O día 22 de xullo está previsto o Obradoiro "Abalorios" que será impartido por ASPAVI no seu centro de Pazos e vai dirixido a mozos e mozas maiores de 10 anos.



E para finalizar o mes de xullo, o domingo día 28 faremos unha Excursión ao AQUAPARK de Cerceda no que poden participar todos os veciños e veciñas que o desexen.


Ademáis de todas as actividades indicadas anteriormente, teremos tamén diversos obradoiros de "Manualidades con Goma EVA" que terán lugar nas seguintes datas:

 

5 de xullo na Casa Cultural de Nespereira. 
12 de xullo na Casa Escola de Borbén.
19 de xullo no Centro Cultural e Recreativo de Moscoso.
26 de xullo na Casa do Concello en Pazos.
2 de agosto na Casa Escola de O Cabalo.



E, para finalizar as actividades de verán, o día 7 de setembro no Salón de Actos da Casa do Concello terá lugar o FESTIVAL DE VERÁN no que haberá actividades de Teatro, Baile, Play-Back, Xogos e a actuación especial da Contacontos Soledad Felloza que deleitará a todo o público asistente, nenos e maiores, coas súas historias facendo que viaxen a lugares incríbles, captando a atención do público co seu dominio escénico, facendo voar coa imaxinación.


VEN A PASAR UN VERÁN ESTUPENDO CON NOS

INSCRÍBETE NAS ACTIVIDADES


Dalle unha ollada ao tríptico informativo facendo CLIC nas imaxes.




 

PARA MÁIS INFORMACIÓN PODES DIRIXIRTE A:
 
 
OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL (OMIX)
Casa do Concello 
Rúa Pazos nº 52 
36841 Pazos de Borbén (Pontevedra) 
Tfno.: 986 497 035 / 986 498 934 
omix@pazosdeborben.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger