venres, 26 de abril de 2013

Valdemuller - LITERATURA INFANTIL

Valdemuller
Xosé A. Neira Cruz
Col. O Barco de Vapor, Serie Vermella, 31.
Ediciones S.M. Vigo, 1998
5ª edición, xaneiro 2008
A partir dos 12 anos

Premio O Barco de Vapor 1997 

Minia cumpre quince anos e está a prepara-la celebración habitual na súa familia aínda que non de moi bo gusto. A sorte fai que algúns dos tópicos da festa sufran certos cambios involuntarios como o ocorrido co elegante traxe que lle tiñan preparado. Un agasallo misterioso é o desencadeante dunha investigación. Minia recibe un colgante en forma de estrela ante o cal toda a súa familia experimenta un certo nerviosismo. A rapaza, pouco e pouco e coa axuda da súa tía Olga, vai descubrindo os segredos que agacha o galano e as historias que oculta a súa familia. Emprende unha viaxe cara a Valdemuller, o lugar no que reside a súa tía-avoa Estrela e, á vez que descobre o que significa ser unha "filla da lúa", experimenta un proceso de autocoñecemento e maduración que a axudarán a continua-la súa vida dende outra perspectiva.

128 páx.
19 x 12 cm.
ISBN 978-84-9854-028-4 

Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger