mércores, 24 de abril de 2013

Unha raíña negra - LITERATURA INFANTIL

Unha raíña negra
Fina Casalderrey
Ilustraciones de Manuel Uhía
Colección Tucán. Serie Verde, 4.
Ed. Rodeira. A Coruña, 2005
A partir dos 10 anos 

Xenxo, un rapaz de oito anos que dorme na liteira de arriba a falta do desexado irmán que os pais non lle dan regalado, ve no autocar de camiño á Granxa, na excursión de fin de curso do colexio, e leva unha formiga, Fara, no peto, nunha caixa. Pensa e cóntalle que todo comezou cando unha formiga negra entrou pola ventá e logo moitas outras formando un río. Entón el comeza a xogar con elas imaxinándose piloto que as controla dende o avión ou capitán e as sodes soldados que van apagar o lume. Como a asistenta está de vacacións, déixaas estar no seu cuarto, dálles galletas e froita, a cambio de que de noite suban por el, si, mais non se lle metan pola boca nin polo nariz. A vida no colexio (as tarefas, o profe despistado, a profe mala e os compañeiros, entre os que destacan unha rapaza que lle gusta, outra co problema dos pais divorciados, un alxeriano recén chegado e con dificultades para adaptarse...) ocupan tamén os seus pensamentos na viaxe, que presentan unha visión do mundo adulto dende a limitada comprensión da inxenuidade infantil.

Pero a súa preocupación é o destino da formiga: como se meó na cama, a nai foille a cambiar a roupa e descubriu as formigas e os restos da comida debaixo da cama, polo que fixo limpeza. E como Fara quedou soa deixaraa no monte, onde haxa máis formigas. E logo chorará, pero cando estea na piscina.

Así ninguén se decatará.

Reedición con revisión textual
6ª edición
128 páx.
20 x 13 cm.
ISBN 978-84-96352-63-6 

Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger