domingo, 27 de xaneiro de 2013

PROBAS DE ACCESO CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL


CONVOCATORIA PROBAS DE ACCESO
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR
DE FORMACIÓN PROFESIONAL
 
Resolución do 10 de xaneiro de 2013,da Dirección Xeral de Educación Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de xeito ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2013.

Ciclos formativos de grao medio:

Datas e lugares de inscrición nas probas de acceso.-

A solicitude de inscrición presentarase por duplicado na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se imparten ciclos formativos ou centros integrados no prazo comprendido entre os días 25 de febreiro e 8 de marzo de 2013, ambos os dous inclusive, segundo o modelo do anexo I recollido na Orde do 2 de decembro de 2008 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo.

A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización das probas farase pública o 12 de marzo, poderanse presentar reclamacións os días 13,14 e 15 de marzo.

A relación definitiva para a realización das probas farase pública o 26 de marzo.

Para información puntual no relativo ás publicacións en todo o proceso do desenvolvemento das probas de acceso poderá dirixirse ao lugar onde realzou a súa inscrición, ao centro onde realice as probas ou ben á páxina web http://www.edu.xunta.es/fp , onde se publicarán as listaxes correspondentes.

Realización das probas de acceso.-

Terán lugar o día 23 de maio de 2013 no horario seguinte:
-9:00 horas, presentación.
-de 10:00 horas a 13:00 , parte matemática e parte sociolingüística.
-de 16:00 a 18:00 horas , parte científico- técnica.

Os resultados provisionais publicaranse o día 5 de xuño (as reclamacións desde o 6 ata o 10 de xuño), as cualificacións definitivas publicaranse o 18 de xuño.

Ciclos formativos de grao superior:

Datas e lugares de inscrición nas probas de acceso.-

A solicitude de inscrición presentarase por duplicado na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional.(agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro), no prazo comprendido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2013, ambos os dous inclusive, segundo o modelo do anexo II recollido na Orde do 2 de decembro de 2008 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional.

A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 15 de febreiro, poderanse presentar reclamacións os días 18 e 20 de febreiro no mesmo centro onde se realizou a inscrición.

A relación definitiva para a realización das probas farase pública o día 1 de marzo.

Para información puntual no relativo ás publicacións en todo o proceso do desenvolvemento das probas de acceso poderá dirixirse ao lugar onde realzou a súa inscrición, ao centro onde realice as probas ou ben á páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, onde se publicarán as listaxes correspondentes.

Realización das probas de acceso.-
Terán lugar o día 25 de abril de 2013 no horario seguinte:
-9:00 horas, presentación-
-Parte común da proba das 10.15 ás 13.30 hora:lingua galega e lingua castelá
-Parte específica da proba das 16.00 ás 18.30 horas:materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder.

Os resultados provisionais publicaranse o 10 de maio (as reclamacións desde o 13 ao 15 de maio), a cualificación definitiva publicarse o 28 de maio.

As persoas que nas convocatorias de 2011,2012 e 2013 superasen a parte sociolingüística, a parte matemática ou a parte científico-técnica na Comunidade Autónoma de Galicia, e estean en condicións, logo de rematado o proceso, de acreditar nas partes non superadas algunha das causas de exención previstas, poderán solicitar certificación de superación da proba en calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional, desde o día 19 de xuño ao día27 de setembro de 2013.

Máis información en:
DOG nº 14 do 21 de xaneiro de 2013 
http://www.edu.xunta.es/fp

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger