E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 30 de xaneiro de 2013

Na solaina - LECTURA ADULTOS

NA SOLAINA

Sinopsis

Alguén explicou, unha vez, que envellecer viña sendo o mesmo que escalar unha gran montaña durante toda unha vida. A medida que se ascende faise máis lento e traballoso o camiño, pero, en troques, a mirada vólvese libre e a vista que ante nós se ofrece resulta dunha amplitude totalmente descoñecida, serena... máis reconfortante.

Ana é unha de tantas mulleres que naceran na segunda década do século XX e que viu rota a súa vida pola marcha do seu ser máis querido á outra beira do océano na procura duns pesos... e por unha guerra que nunca tiña que ter comezado... pola soidade, pola xenreira. Séntese, cando era moza, case unha nena, na obriga de abandonar a súa casa, a súa familia, coa soa idea de afastarse de todo para sempre, tentando ao mesmo tempo fuxir dos recordos que ameazaban con relala por dentro.

A cidade da Coruña acolleuna cos brazos abertos e alí permanece durante corenta anos. Consegue co tempo o seu propósito de borrar o pasado. As circunstancias lévana de novo á súa terra. Un fortuíto accidente condúcea a un fogar da terceira idade que construíron preto da aldea que a viu nacer. Desde alí pode contemplar a diario todos os recantos nos que reverdecen outra vez, as lembranzas que cría durmidas... Ana ten algo máis de sesenta anos...

Nº de páxinas: 240
Encadernación: Tapa blanda
Língua: GALEGO
ISBN: 9788496893610 

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger