E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 31 de decembro de 2012

Distancias - Recomendación de LECTURA ADULTOS

DISTANCIAS
Sinopsis
Primeira novela de Paco Yáñez, ...distancias... é un camiño aberto ao noso propio corazón a través do percorrido vital dun mestre destinado a unha pequena escola da Costa Morte; un exilio interior que o irá separando de todo o mundo no que asentara a súa vida, e cuxa ausencia irá provocando que os lazos e as raíces coas que nos conectamos á nosa existencia vaian secando nel por mor da separación, ao tempo que lle obrigan a buscar refuxio noutras realidades que, quizais, poidan resultar insuficientes ante o baleiro que depara a soidade.

Redactada a camiño entre o diario, a novela e mais o ensaio, ...distancias... propón unha reflexión profunda sobre o valor e o sentido da arte e da cultura na conformación da nosa persoa; un valor que entra en crise cando a nosa identidade sofre un continuado distanciamento físico e psicolóxico dos paraísos perdidos, pero que sempre ofrece un espello no que nos poder observar a través da longa experiencia de séculos da humanidade no recoñecemento de si mesma, na procura da comprensión do que fomos, somos ou criamos ser.

Datos do libro
  • Nº de páxinas: 224
  • Encadernación: Tapa branda
  • Editoril: BAIA EDICIONS
  • Lígua: GALEGO
  • ISBN: 9788496893597
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LEVAO PARA LER NA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger