A Xunta de Galicia e, como parte dela, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, sumouse á campaña cidadá para conseguir a tradución da rede social Twitter ao galego e, en xeral, de apoio a todas as redes sociais na nosa lingua. É unha vía máis para alcanzar os obxectivos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG) no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación.
As TIC no Plan xeral
O PXNLG distingue tres sectores transversais de importancia estratéxica: dereitos lingüísticos, implementación do corpus e novas tecnoloxías. Con respecto ás TIC, o Plan recoñece que “a eficacia neste sector vai ser a clave do futuro da lingua galega, porque do éxito neste sector vai depender a imaxe que os galegos e os non galegos teñan desta lingua; e da imaxe da lingua depende o uso”. Os obxectivos estratéxicos que o PXNLG recolle para o sector das tecnoloxías da información e da comunicación son os seguintes:
1. Fomentar a presenza do galego nas novas tecnoloxías2. Lograr unha oferta ampla e competitiva de produtos e recursos informáticos en galego3. Potenciar presenza da lingua galega en Internet4. Potenciar a investigación da tradución automática, a síntese de voz e outras novas técnicas que faciliten a opción positiva no mercado da información e da comunicación, e que aseguren a libre circulación do galegos nos sistemas avanzados da vida moderna
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.