xoves, 25 de outubro de 2012

O galego campa!


O galego campa!

"O galego campa!" é un programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado destinado aos campamentos de verán. O obxectivo deste programa é favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais de facilitarlles formación e recursos aos monitores e monitoras para a realización de actividades que animen os rapaces e rapazas a se expresaren nesta lingua.

Nesta nova edición, ademais de crear materiais que completan o disco e as fichas de O galego campa 2011, apostouse por dúas novas accións: a formación do monitorado, que tivo lugar no mes de abril, e o concurso campacontos de contos creados, interpretados e gravados nos seráns dos campamentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger