Elmer de David Mckee
Elmer é un membro moi especial da súa manda. A súa pel multicolor fai que os seus compañeiros sempre reparen nel e rían, ás veces con el, ás veces del. Elmer non pode durmir de pensar que está canso de ser diferente aos demais, así que decide tomar unha medida radical: tomba as bagas dunha árbore e frégase con elas ata quedar completamente cuberto de gris. Non obstante, ao regresar á manda será cuestión de tempo ata que mostre as súas verdadeiras cores... a serie Elmer contén libros ilustrados a toda cor que contan as aventuras de Elmer, un elefante completamente diferente a todos os demais da súa manda. Elmer, en efecto, non é gris; a súa pel é como feita de retallos de vivas cores. Esta condición faino un membro moi especial da manda pero, ante todo, un membro carismático, divertido e cheo de afecto polos demais. Polo seu espectacular colorido e pola sinxeleza das súas historias, os libros de Elmer son especialmente apropiados para primeiros lectores e para a lectura en voz alta para os nenos máis pequenos e os bebés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.