sábado, 15 de decembro de 2018

APLICACIÓN INSTANTÁNEA


APLICACIÓN INSTANTÁNEA
Autor: Carlos Negro
Ilustrador: David Sierra
Edicións Xerais de Galicia S.a.
Colección: Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Poesía

Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018

Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións.

Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da arreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o monocultivo cerebral dos eucaliptos, contra a ferruxe dos discursos que ignoran o movemento das dunas.

Atrévete a entrar e descubrirás que a poesía ofrece sempre un perfil inesperado.

ISBN: 978-84-9121-413-7
Nº de páxinas: 79
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm.

venres, 14 de decembro de 2018

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Co obxectivo de fomentar a creatividade entre o alumnado do municipio, potenciar a expresión e a comprensión escrita e estimular o uso da lingua galega, o Concello de Pazos de Borbén a través da Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos", dependente da Concellería de Cultura, convocou no pasado mes de outubro o "I Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén" dirixido aos escolares que estiveran cursando estudos de Educación Primaria e Secundaria nos colexios do municipio.


O prazo de presentación para a entrega dos traballos finalizou o 23 de novembro pasado, presentándose un total de 64 traballos nas distintas categorías, todos eles alumnos e alumnas do CPI "Curros Enríquez" de Pazos:

  • Categoría A:     1º e 2º de Primaria       13
  • Categoría B:     3º e 4º de Primaria        2
  • Categoría C:     5º e 6º de Primaria      44
  • Categoría D:    1º e 2º de ESO                 5
  • Categoría E:    3º e 4º de ESO                 0

Os membros do xurado do reuníronse esta semana para decidir aos galardonados e coincidiron en valorar o bo nivel medio que presentan os traballos presentados, así como a meritoria e destacable labor que desenrolaron os pais, nais, titores e profesores dos alumnos participantes para documentar, dirixir e canalizar debidamente os seus relatos.

Os premiados daránse a coñecer no acto de entrega de premios que terá lugar o próximo Xoves día 20 de decembro, a partir das 13:00 horas, no Auditorio do Concello.

CONTOS NO NICHO


CONTOS NO NICHO
Autor: Maruxa Martínez
Edita: Urco Editora (Alcaia)

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas
non hai moitos por este cemiterio.

Hai toupas, arañas, vermes
e algún corvo moi de vez en cando.

Veñen gatos a pasear como se levasen recados dun mundo ao outro.

E eu aquí, no medio dos dous,
sen poder morrer nunca nin deixar esta profesión,
non me quedou máis divertimento
que chataxear a cada autor dos aquí presentes para que me cedesen
as súas historias e debuxos.

Fan o que sexa para que lles espante a morte un pouco máis...
Ilusos, non saben que eu só boto terra enriba...

Requiescat en pace e boa lectura!

ISBN: 978-84-1699-39-2
Nº de páxinas: 121
Encadernación: Tapa branda
Formato:13,5 x 21 cm.

xoves, 13 de decembro de 2018

KUSUMA


KUSUMA
Autor: Héctor Cajaraville
Ilustradora: María Lires
Edicións Xerais de Galicia, S.A

Idade recomendada: + 9 anos.

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2018

Kusuma, unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, vese obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destructiva do ser humano. Co fin de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van a ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a desmotrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.

Kusuma é unha historia de aventuras, de cooperación, de superación e de amizade; un exemplo de como  os prexuízos con quen ás veces nos enfrontamos ao descoñecido son o camiño máis enganoso e máis inxusto para tratar de entender o mundo.

ISBN: 978-84-9121-410-6
Nº de páxinas: 151
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 19,5 cm.

mércores, 12 de decembro de 2018

SATURNO TAMÉN É DEUS


SATURNO TAMÉN É DEUS
Autora: Uxía Casal
Edita: Urco Editora (Alcaian)

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Nos catorce relatos que compoñen Saturno tamén é deus o descoñecido, a angustia, o medo e mesmo a morte aparecen como un elemento común, que asume unha condición protagónica e activa, con tal poder que son quen de converter os seres humanos en meros instrumentos dun xogo no que camiñan ás cegas polo fío que separa a loucura da cordura.

Catorce relatos de medo nos que a ben dosificada intriga ofrece unha conclusión sorprendente e inesperada que manterá a quen os lea coa sensación de non poder desprenderse deles.


 Esta nova edición, que ve a luz 20 anos despois da primeira, inclúe, a maiores dunha coidadosa revisión da propia autora, un novo relato: "O pequeno Mario".

ISBN: 978-84-15699-48-4
Nº  de páxinas: 168
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm.

martes, 11 de decembro de 2018

BESTA DO SEU SANGUE


BESTA DO SEU SANGUE
Autor: Emma Pedreira
Edicións Xerais de Galicia, S.A

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Besta do meu sangue relata, con grande orixinalidade, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha óptica que propugna unha revisión de xénero.

Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa que foi considerada a primeira asasina en serie da nosa historia. A obra supón unha proposta transgresora e fragmentaria que se caracteriza por esa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros para abordar o tema da licantropía desde unha perspectiva de xénero. Narrada desde unha linguaxe poética ao longo das páxinas desta excelente novela, salienta unha atmosfera de desacougo e angustia para abordar o tratamento dun personaxe que bebe das fontes cultas, mitolóxicas e populares galegas para reavivar a figura do lobo e a súa convivencia co seu humano.

ISBN: 978-84-9121-448-9
Nº de páxinas: 114
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 22 cm.

luns, 10 de decembro de 2018

O PARAUGAS DAMEAUGAS


O PARAUGAS DAMEAUGAS
Autor: Anxo Moure
Ilustradora: Cristina Ouro
Edita: Urco Editora

Idade recomendada: +5 anos

Xénero: Literatura en Galego - Poesía
Carta dos bosques á nube CristinaChove chove chove para que se apaguen os lumeschoche nube chove para que beban os pobreschove mube chove para que bailen os ríoschove nube chove para que nazan as flores.
ISBN: 978-84-15699-53-8
Nº de páxinas: 20
Encadernación: Tapa branda
Formato: 20 x 20 cm.

domingo, 9 de decembro de 2018

YO, JULIA

YO, JULIA
Autor: Santiago Posteguillo
Editorial Planeta, S.A.

Género: Literatura en Castellano - Novela

PREMIO PLANETA 2018

192 d.C. Varios hombres luchan por un imperio, pero Julia, hija de reyes, madre de césares y esposa de emperador, piensa en algo más ambicioso: una dinastía.

Roma está bajo el control de Cómodo, un emperador loco. El Senado se conjura para terminar con el tirano, y los gobernadores militares más poderosos podrían dar un golpe de Estado: Albino en Britania, Severo en el Danubio o Nigro en Siria. Cómodo retiene a sus esposas para evitar rebelión, y Julia, la mujer de Severo, se convierte así en rehén.

De pronto, Roma arde. Un incendio asola la ciudad. ¿Es un desastre o una oportunidad? Cinco hombres se disponen a luchar a muerte por el poder. Creen que la partida está a punto de comenzar. Pero para Julia la partida ya ha empezado. Sabe que solo una mujer puede forjar una dinastía.


ISBN: 978-84-08-19740-9
Nº de páginas: 698
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 23,5 cm.

sábado, 8 de decembro de 2018

CONTOS DE SOÑOS E SOMBRAS


CONTOS DE SOÑOS E SOMBRAS
Autor: Ariza Piñeiro
Edita: Urco Editora (Alcaian)

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Os contos de soños e sombras son trece relatos breves (algúns moi breves) de terror psicolóxico, ou sexa, contos de medo que fan pensar. Algúns escritos cun toque de humor, outros cun toque de mala leche. Son contos de soños porque cando soñamos non distinguimos o real do imaxinario, e de sombras porque todos temos un lado oculto. Sabes que é iso escuro que levas pegado e camiña a túa beira? Abre o libro e descúbreo.

ISBN: 978-84-15699-16-3
Nº de páxinas: 207
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm.

venres, 7 de decembro de 2018

A SANTA COMPAÑA


A SANTA COMPAÑA
Autor e ilustrador: Gochi
Edita: Cerditos de Guinea Comic

Xénero: Literatura en Galego - Comic

"Din que Galicia é terra de meigas. Trasmallo di que son contos de vellas. Os que a viron prefiren non lembralo e os que levou xa non volveron para contalo.

O certo é que o que aconteceu aquela noite non formaba parte do seu programa de adestramento..."

Neste novo álbum de Trasmallo o seu autor, GoChi, mestura aventuras, bandoleiros e piratas cunha das lendas galegas máis antigas e temidas: a da Santa Compaña.

ISBN: 84-935904-0-6
Nº de páxinas: 50
Encadernación: Tapa branda
Formato: 17 x 24 cm.

xoves, 6 de decembro de 2018

UN CONTO CON MOITO CONTO - CONTACONTO INCLUSIVO

https://www.dropbox.com/s/dsw1mrtjkwknfej/cartel_contaconto_inclusivo_contAZ_uncontoconmoitoconto.jpg?dl=0

venres, 14 de decembro
ás 11:00 horas
na
Sala de Lectura
de
BiblioPazos

terá lugar unha nova actividade de animación á lectura dirixida ao público escolar.

Teremos con nos a Arantzazu e María de "contAZ. Lengua de signos" que nos traerán o contaconto inclusivo "UN CONTO CON MOITO CONTO".
"Unha vez máis o medio natural de Galicia, será o marco onde se desenvolve esta historia de animais que conviven na fraga e que tentarán resolver a misteriosa e sorprendente aparición dun conto envolto cun fermoso lazo baixo a árbore centenaria.-De quén será este libro tan fermoso!-Abrímolo?
Non hai nada mellor que regalar un libro no dia dos aniversarios. Desfrutar a lectura, a narrativa popular cun toque de inclusión para achegar os contos a todos. Fomentar a importancia de coidar os libros e sobre todo compartilos. Un conto con moito conto esperta o desexo pola lectura, cun toque de imaxinación e picaresca.

Nesta actividade tense prevista a participarán dos alumnos de 1º e 2º de Primaria do Colexio Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Xa sabedes.

ESPERÁMOSVOS o 14 de decembro en BiblioPazos.

Non Faltedes.

Esta actividade está organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal e da Conselería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén.


CUENTOS RUSOS


CUENTOS RUSOS
Autores: Tolstói, Chéjov, Gógol, Pushkin, Dostovieski, Turguéniev
Gadir Editorial, S.L

Género: Literatura en Castellano - Narrativa

Estos Cuentos rusos son un homenaje a cinco de los más grandes autores de la literatura rusa y universal: Tolstói, Chéjov, Gógol, Pushkin y Dostoievski. Esta pequeña selección servirá a algunos lectores de introducción a estos autores, o les permitirá acceder a textos poco conocidos de estos maestros.

Las tres preguntas, de León Tolstói, es un relato deslumbrante en su intensidad y su sencillez; una parábola que parece extraída de la Biblia, aunque podría muy bien ser un texto budista. Nos habla de cómo vivir la vida con la intensidad que merece, del verdadero valor de cada momento. Sobre Karma, cuento popular hindú versionado por Tolstói, escribió: «He leído el cuento a los chicos y les ha gustado… Entre los mayores han surgido recurrentes conversaciones sobre las más importantes cuestiones de la vida. Creo que es una muy buena recomendación».

De Chéjov, encontramos Kashtanka e Historia de una anguila. Dos muestras del humor, la sensibilidad y la agudeza crítica del autor. El protagonista de La Nariz, de Nikolái Gógol, descubre un día con gran preocupación que ha perdido su nariz, hasta que la encuentra casualmente por la calle, dotada de vida propia. El humor disparatado y un tanto surrealista, y la capacidad satírica de Gógol, en su mejor expresión. El cuento del gallo de oro, de Alexander Pushkin, tiene su origen en una leyenda folclórica rusa, y no nos dejará indiferentes. El cocodrilo, de Dostoievski, es un genial relato humorístico, muy divertido y lleno de ironía.


ISBN: 978-84-9697-740-8
Nº de páginas: 165
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 10,5 x 18 cm.

mércores, 5 de decembro de 2018

BIBLIOCANTA EN BIBLIOPAZOS

https://www.dropbox.com/s/pcib0qjdeq2t53q/CARTEL%20bibliocanta%202018%20V%C3%81LIDO.jpg?dl=0

O xoves, 13 de decembro de 2018

ás 13:00 horas

no Auditorio do Concello 

BIBLIOCANTA EN BIBLIOPAZOS!

Bibliocanta é unha fórmula marabillosa para que os nenos e nenas se acheguen ó cancioneiro tradicional galego á vez que saborean e gozan das cancións propostas. Permitindo recuperar e que non caian no esquecemento estes ditos, recitados e cancións transformándose de novo nunha forma de lecer e de expresión. 

A música e o cancioneiro tradicional son un patrimonio inmaterial tan importante como a arquitectura ou os monumentos pero cunha particularidade, precisan coidarse moito máis para non perdelos.

Con esta proposta preténdese demostrar que é doado achegar a tradición aos máis novos dunha maneira lúdica e didáctica.

Ven a cantar á Biblioteca.


Entrada de balde ata completar aforo.

Obrigatoria a inscrición previa
na Biblioteca
no teléfono 986 497 273

Esta actividade está organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal e da Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén.


Esperámosvos !!

FIZ


FIZ
Autor: Kiko da Silva
Kalandraka Editora

Género: Literatura en Castellano - Cómic

Fiz parece el niño más guarro del mundo.Le encanta hacer muñecos con mocos, hablar con zurullos callejeros y darle de comer al retrete...

La gente dice que es un niño muy guarro pero lo cierto es que Fiz sólo es un niño.

ISBN: 84-9346-414-7
Nº de páginas: 59
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 30,5 cm.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger