E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 23 de outubro de 2021

MAXIA DE PEDRA

MAXIA DE PEDRA
Autores: Alba De Evan Freijedo e Xabier Domínguez Pérez
Ilustracións: Eli García
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Sopa de Libros

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Uns restos arqueolóxicos de orixe galega que se atopan en Roma son roubados cando viaxan de volta a Galicia. Anxela, unha nena de 12 anos, atopa un gato de tres colas, con poderes máxicos, que é exactamente igual ao que estaba gravado no petróglifo roubado.

De onde procede ese gato? Como puido chegar ata unha necrópole romana? Que interese hai detrás do roubo? Unha novela de maxia, intriga e acción que nos transporta á Galicia castrexa e á época da romanización.

ISBN: 978-84-9121-885-2
Nº de páxinas: 136
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm

venres, 22 de outubro de 2021

CONTRA O RELOXO

CONTRA O RELOXO
Autor: Carlos Labraña
Ilustracións: Fonso Barreiro (Fon)
Editorial Galaxia
Colección: Árbore, 245

Xénero: Literatura Infantil Galego - Teatro

Idade recomendada: +12 anos

Que misterio agocha a vella reloxaría?

Nesta divertidísima obra de Carlos Labraña ninguén é quen parece. Pon o cronómetro a cero e non te despistes se queres descubrilo, porque o tempo voa cando se pasa ben!

ISBN: 978-84-9151-609-5
Nº de páxinas: 128
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger