E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 10 de abril de 2021

O PRINCIPIÑO

O PRINCIPIÑO
Autor e ilustrador: Antoine de Saint-Exupéry
Tradución: Carlos Casares
Editorial Galaxia
Colección: Árbore

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra.

Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. 

Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avería do motor do seu avión.

O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe velenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio.

A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria. 

ISBN: 978-84-9865-034-1
Nº de páxinas: 125
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 19 cm

venres, 9 de abril de 2021

O RATO DE FREI CORCHEA

O RATO DE FREI CORCHEA
Autor: Francisco Barxa
Ilustracións: Álex e Xela Barxa
Nova Galicia Edicións

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Un conto moi divertido dedicado aos lectores mozos.

A historia das ducias de ratos que visitaban o coro da igrexa de Gaspar e as orixinais solucións que este pon en marcha para acabar con todos os ratos do templo.

ISBN: 978-84-96070-98-1
Nº de páxinas: 64
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger