O PRINCIPIÑO
Autor e ilustrador: Antoine de Saint-Exupéry
Tradución: Carlos Casares
Editorial Galaxia
Colección: Árbore
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa
Idade recomendada: +12 anos
Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra.
Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo.
Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avería do motor do seu avión.
O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe velenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio.
A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria.
ISBN: 978-84-9865-034-1
Nº de páxinas: 125
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 19 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.