E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

domingo, 13 de maio de 2018

E XOEL APRENDEU A VOAR


E XOEL APRENDEU A VOAR
Autor: Marica Campo
Ilustracións: Laura Pérez
Santillana Infantil y Juvenil, S.L. Edicións Obradoiro S.L.
Colección Oqueleo Narrativa Serie Azul 

Xénero: Literatura Infantil Galega -Narrativa

Idade Recomendada: A partir de 12 anos

Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da Rede. O misterio de Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza pola que suspira. Fábio, Daniel e Sara, os outros amigos de andainas de Xoel. Don Santiago, o avó que vive os remorsos dunha gran mentira. 

Estes e outros personaxes ao servizo dunha novela que mantén a intriga ata o final. 

A confrontación coa realidade para descubrir que a vida é un voo en que debemos elexir entre caer pola inercia ou bater as ás.

ISBN: 978-84-16834-06-8
Nº de páxinas: 217
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 20 cm
                            

O PAI DUN ASASINO



O PAI DUN ASASINO
Autor: Alfred Andersch

Tradución: María de la O Fernández Estévez
Ilustración: Ángeles Maldonado
Editorial Galaxia S.A.
Colección Árbore


Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa


O Pai dun Asasino é unha historia baseada en feitos reais. Un dos seus protagonistas é o profesor Himmler, pai do futuro dirixente nazi organizador do xenocidio xudeo. O relato desenvólvese nun colexio de Munich durante unha hora de clase de grego na que irrompe o vello Himmler, establecendo con varios alumnos un pulso malvado e cruel.

O narrador, que comeza sendo un anónimo e atento observador da violencia psíquica e moral que se vai apoderando da aula, acaba convertíndose na súa principal víctima. 

O proceso é transformado en literatura por Alfred Andersch cun estilo directo, vivo e meticuloso que consigue facer partícipe ó lector do oprobio e a humillación experimentada polos alumnos desta escola na Baviera que comenzaba a asistir, impasible, ó ascenso ó poder dos nacional-socialistas.

ISBN: 84-7154-800-3
Nº de páxinas: 72
Encadernación: Tapa branda
Formato: 12 x 21,5 cm


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger