E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 18 de febreiro de 2017

OS BOLECHAS COÑECEN A CASTELAO NO MUSEO DE PONTEVEDRA


OS BOLECHAS COÑECEN A CASTELAO
NO MUSEO DE PONTEVEDRA
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro
Bolanda Ediciones y Marketing

Xénero: Literatura Infantil - Contos

Idade recomendada: +6 anos 

Os bolechas van coñecer a Castelao no Museo de Pontevedra. O avó Emiliano cóntalles que Castelao naceu en Rianxo e que a familia lle chamaba Daniel. Cóntalles tamén que de pequeno foi á Arxentina, que estudou medicina de mozo, que debuxou caricaturas, que fundou o Partido Galeguista...
 
ISBN: 978-84-608-7994-7
Nº de páxinas: 31
Encadernación: Tapa blanda

venres, 17 de febreiro de 2017

CONTOS NERVIOSOS


CONTOS NERVIOSOS
Autor: Fran Alonso
Ilustracións. Dani Padrón
Edicións Embora, 2016
Colección: O Globo

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

As veces suceden cousas tan inesperadas que os propios contos se poñen nerviosos. Os contos nerviosos son contos moi divertidos, pero non paran quietos porque lles tremen as palabras.
 
Estes Contos nerviosos están protagonizados por un neno chamado Amelio que ten unha estraña alerxia ao ruído; por unha nena sen nome que ten unha amiga xirafa en Cabrafanada e recibe mensaxes misteriosas; por un neno que descobre que os videoxogos poden converterse en realidade e por Raíña, unha nena caprichosa que se enfada moito na festa do seu aniversario.


Video-lectura das primeras páxinas de Contos nerviosos. A lectura correspóndese coa primeira das catro historias, que leva por título O caso de Amelio, protagonizada por un neno alérxico ao ruido.

ISBN: 978-84-16456-28-4
Nº de páxinas: 71
Encuadernación: Tapa blanda

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger