E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 4 de xuño de 2016

XAN GUINDÁN E OS SALVAXES


XAN GUINDÁN E OS SALVAXES
Autor: Bernardino Graña
Ilustracións: Marifé Quesada
Santillana S.A. - Edicións Obradoiro S.A.
Colección: Alfaguara-Obradoiro Infantil

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: + 10 anos

Xan Guindán vai pasar uns días á casa dos seus avós, e a través dos contos que estes lle contan, descobre unha visión nova da realidade.

Segundo as palabras do propio autor, a idea desta obra xurdiu cando el mesmo estaba a contar contos ós rapaces e rapazas dun colexio.

ISBN: 978-84-8224-011-0
Nº de páxinas: 104
Encadernación: Cartoné


venres, 3 de xuño de 2016

BRINCA VAI! DE AQUÍ A ACOLÁ con Paco Nogueiras

https://www.dropbox.com/s/nu5q6s9fgfn6xan/2016-06-16%20BINCA%20VAI%20-%20Paco%20Nogueiras%20-%20CARTEL7%20-%20VALIDO%20CONTRALUZ%20BORDES%20RECORTADOS.jpg?dl=0

Continuando coa programación 2016 de Animación á Lectura en BIBLIOPAZOS e para celebrar

O FIN DE CURSO ESCOLAR
E
A CHEGADA DO VERÁN


O Xoves, 16 de Xuño de 2016
ás 13:00 horas

no
Auditorio do Concello
de
Pazos de Borbén

terá lugar a actuación de:

PACO NOGUEIRAS

co seu espectáculo de dinamización con música, teatro e danza

"BRINCA VAI! De aquí a acolá"

dirixido a nenos e nenas de tódalas idades.

Unha actividade para ler, ver e escoitar.

Un feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acampañarón aló onde vaiades. Cancións para todos os meses do ano, todas elas compostas e interpretadas por Paco Nogueiras nun amplo abano de estilos musicais: techno, rock, folc, reggae ou música electrónica.

Deixádevos levar entre as diversas apariencias que tén a lectura. Gozade vendo, escoitando ou cantando...



Este espectáculo está baseado no libro-disco "BRINCA VAI" que poñemos á disposición dos usuarios en BiblioPazos e é un proxecto de:

  • PACO NOGUEIRAS: Música, letras, voz solista e coros, guitarra acústica, ukelele, acordeón, gaita midi, frautas, percusións, piano e programacións, arranxos e producción musical.
  • DAVID PINTOR: ilustracións.
  • SR. SAGÜILLO: dirección, realización e animacións do DVD.
  • Máis información sobre o mesmo facendo clic AQUÍ.



Esta actividade forma parte da programación de LER CONTA MOITO que se desenrolará ao longo do ano 2016 a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e promovida pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


Como en anos anteriores dende BIBLIOPAZOS preténdemos contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo un espazos de encontro para descubrir e compartir.

Para asistir a esta actividade é necesaria a INSCRICIÓN PREVIA na Biblioteca, chamando ao teléfono
 
986 497 273

 
VEN A BIBLIOPAZOS
E
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger