E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 3 de novembro de 2021

UNHA MENTE QUE VOA. Unha mirada á evolución da linguaxe

UNHA MENTE QUE VOA
Unha mirada á evolución da linguaxe
Autor: Xurxo Mariño
Edicións Xerais de Galicia
Coleción: Básicos da ciencia

Xénero: Linguaxe

Premio Follas Novas (Divulgación), 2021

Agora mesmo, ao ler estas liñas, estás a utilizar a habilidade máis sorprendente e extraordinaria da túa mente: a linguaxe, unha ferramenta única que usamos os humanos modernos para elaborar o pensamento e para comunicar todo tipo de ideas dunha mente a outra. É algo que nos diferencia de todos os demais seres vivos coñecidos. Ningún outro animal posúe algo remotamente similar, xa que no seu caso manexan sistemas de comunicación que carecen do simbolismo e a sintaxe propios da linguaxe.

Como xurdiu está capacidade única dos humanos?

A evolución da linguaxe é un dos problemas máis fascinantes da ciencia actual.

Este atractivo libro do neurocientífico e divulgador Xurxo Mariño é unha aventura de misterio na que pouco a pouco van aparecendo pistas sobre o desenvolvemento da nosa capacidade lingüística, tanto a medida que remexemos na evolución biolóxica e cultural do xénero Homo, como tamén observando os cambios que se producen durante os primeiros anos de vida das nenas e nenos.

ISBN: 978-84-9121-761-9
Nº de páxinas: 128
Encadernación: Tapa branda
Formato: 19 x 23 cm

martes, 2 de novembro de 2021

ZONA A DEFENDER. A esperanza indócil

ZONA A DEFENDER
A esperanza indócil
Autor: Manuel Rivas
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Ensaio

Zona a Defender foi unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia. O planeta debería ser por enteiro unha Zona a Defender. Expresada co activismo da escrita poética, o pensamento crítico e un humor desacougado, esa chamada de alerta percorre todo este libro. 

En Zona a Defender. A esperanza indócil, Manuel Rivas, despois da denuncia que foi o libro «Contra Todo Isto», escribe ás ceibas, con coraxe, sobre o que denomina a era Mayday, de perigo grave e inminente, para ir explorando aquilo que defende: unha internacional das conciencias, unha república de iguais, un novo contrato da sociedade coa natureza, unha austeridade fértil cunha nova abundancia creativa, un feminismo que emancipe a mulleres e homes, descolonizar a imaxinación e sabotar con ironía todo dogmatismo, o acordo secreto entre xeracións, unha soidade solidaria, a arte de caer e pensar o impensábel...

E prohibir toda posesión de armas, cunha excepción: a risa.

ISBN: 978-84-9121-792-3
Nº de páxinas: 176
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 22 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger