E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 17 de xuño de 2019

VELENO TINTO


VELENO TINTO
Autor: Ramón Carredano Cobas
Edicións Xerais de Galicia, S.A
Colección: Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Naquela mañá de inverno de 1319, frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara Noia. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela. Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obrigará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienzuda investigación coa intención de coñecer o motivo e o autor de semellante crime.

Veleno tinto é unha apaixoante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrucción histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel, un dos máis singulares e divertidos da nosa narrativa actual.

ISBN: 978-84-9782-723-2
Nº de páxinas: 186
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm.

domingo, 16 de xuño de 2019

VILA CERDEIRA


VILA CERDEIRA
Autor: Daniel Ameixeiro
Editorial Everest Galicia
Colección: Punto de encontro

Idade recomendada: +12 anos

Xénero: Literatura Infanti en Galego - Narrativa

Vila Cerdeira está máis preto do que pensamos e a xente que alí vive é máis real do que imaxinamos.

É un sitio pequeno, con catro casas, un pozo que no dá auga e, a súa beira, unha cerdeira. A súa sombra acolle a aperta do sentir e do vivir, materializada nas vivendas dos seus veciños e noutras moitas que xa só se atopan nos libros vellos e na memoria de quien non quere esquecer.

ISBN: 84-403-0514-1
Nº de páxinas: 86
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 14 cm.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger